Durante o primeiro trimestre do curso, realizáronse as seguintes actividades (algunhas de xestión e outras destinadas ao alumnado): Expurgo, reorganización e centralización da nosa biblioteca escolar. Cambio no programa de xestión da biblioteca escolar. Creación de novos espazos de lectura. Samaín : coincidindo co Samaín/Halloween dende a biblioteca escolar propuxemos diversas lecturas relacionadas, e posteriormente un obradoiro coas familias de elaboración de cabazas tradicionais. 25 N : dende a biblio propuxemos unha serie de lecturas relacionadas co 25-N (violencia de xénero, dereitos das mulleres…). Dende as aulas traballaron que é a violencia de xénero e cada alumna/o plasmouno nun folio, posteriormente “rompemos” esas ideas e transformámolas en novas a trravés dun obradoiro de reciclaxe de papel. Amadriñamentos e apadriñamentos lectores por parte das familias: as familias do alumnado de EI acudiron ao centro para contarlles algún conto aos nosos alumnos/as. Edición e publicaci