Ir al contenido principal

MISIÓN 17-M: LETRAS GALEGAS

O 16 de maio de 2024 no cole de Parga tivemos unha misión moi especial durante a que aprendemos moitos datos e curiosidades sobre Luisa Villalta, á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024.

No vídeo poderedes ver o ben que o pasamos e tamén que traballando como equipo conseguimos abrir a caixa da recompensa.

Neste vídeo tamén queremos felicitar aos nosos compañeiros/as do IES Poeta Díaz Castro, pois a música que empregamos é un gran traballo delas e deles 🤩! Noraboa!


(Acceso ao vídeo da xornada premendo sobre a imaxe).

Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA DE SUSANA PEDREIRA A RADIOPARGA

O sábado 11 de maio, recibimos en RadioParga a visita de Susana Pedreira, xornalista en Onda Cero, para falar sobre radio, xornalismo, feminismo...e todo o que xurda! A proposta, impulsada pola  @anpasantoestevoparga  , estivo aberta para toda a comunidade. (Accede ao podcast premendo sobre a imaxe)

VISITA DE ANA MEILÁN

  O pasado martes 20 de febreiro visitounos Ana Meilán, autora de divertidísimos libros como 8 patas , Quen ven a verme esta noite? , O aire do lobo Rigoberto ... A mañá estivo dividida en tres sesións. En primeiro lugar acudiron ao seu contacontos as alumnas e alumnas de EI, xunto cos nenos e nenas que nos visitan os martes no programa "Educando en Familia" do Concello e Guitiriz.  Tras un breve descanso coincidindo co recreo, foi o turno de 1º, 2º e 3º EP. E remataron a xornada os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º cunha sesión de contacontos e un obradoiro de escritura creativa. Adxuntamos un vídeo para que vexades algunhas imaxes da xornada. Vídeo Ana Meilán