Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

Día da Muller: 8 de marzo.

O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria  asesorados e coordinados  pola súa titora Cristina Veres ; realizaron unha beleza de mural, aunando investigación-debuxo-escritura e selección das mulleres representativas vivas e a súa aportación á intelectualidade, dende as súas vertentes máis coñecidas.

OS ANIMAIS NA ÁREA PLÁSTICA.

Usando técnicas varias recreamos tamén animais. Usando carboncillo e sanguina.

Investigación na transversalidade:Os animais

Este curso escolar unificamos a coordinación adentrándonos no estudio,observación,exposición,montaxe e recreación da temática dos animais . Abarcando tódalas áreas:expresión oral-escrita-plástica-musical. Nos proxectos,nas áreas de dinamización,nas festas etnográficas e nas viaxes. Aquí quedan algunhas mostras.

Competencia lingüística:Retos lectores

A Tasca do liño:Asociación Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua.

Traballando a oralidade e etnografía popular coordinando Proxecto de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega ,despois de nove anos -volvemos a contar con esta sabidoría popular- A experiencia reflicte antigas tradicións comunitarias do rural xa desaparecidas do noso entorno a partir dos anos 50 pola introdución e comercialización de fibras sintéticas. Todo comenza coa sementaeira. É en outubro cando se comenza a traballar o liño. Comenzamos coa Festa da Tasca,un longo proceso para converter esta herba natural nunha madexa de fío. A Asociación ofrece os seus aparellos e lévaos ás escolas compartindo a sabedoría con quena queira aprender. https://xornalgalicia.com/localidades/10350-as-mulleres-de-insua-e-o-lino-recupera-a-etnografia https://xornalgalicia.com/localidades/10350-as-mulleres-de-insua-e-o-lino-recupera-a-etnografia

BOA VIAXE COAS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS.

Os libros poñen as súas patiñas nos lombos dos nosos nenos cara os fogares. Queremos o contacto co fogar buscando a colaboración das familias na formación dos lectores e lectoras.

Trabalinguas:NON TRABES NA LÍNGUA-NON LINGÜES NA TRABA

Deixamos correr a imaxinación e adicámonos a traballar sobre os Trabalinguas,exercicio para conseguir unha dicción áxil e clara. Cristina Veres,deseñou un belo e claro mural ,diante do cal fomos recitando trabalinguas dende infantil a sexto de primaria. Os nenos escolleron,copiaron,aprenderon e deseñaron debuxos alusivos ó texto.

Semán do libro:teatro-trabalinguas-apadriñamentos

A lectura para elaborar o traballo,para buscar datos,para facer resumo,para entoar e non trabarse desatando a lingua. A semán empezámola ollando con gran atención a historia de dous animais nunha gaiola ;na obra de teatro "A Fuga "de Carmen Blanco.  A temática da liberdade dos animais en reflexión cos comportamentos humáns.