Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Taller:Contacontos .Infantil 2020

Toda unha maxia para os nenos e nenas de Infantil,as mamás voluntarias -por iniciativa da Profesora titora-viñeron a contar contos. Aquí unha mostra do ben que o pasamos. Unha experiencia  interxeracional moi enriquecedora.

DONAS DE SI. CREACIÓN DE CROMOS-XOGOS DE RETOS

A actividade xira en varios eixes moi vertebrados: Investigación de mulleres escollidas polo profesorado:científicas,deportistas,escritoras,músicas.mulleres da bisbarra e pioneiras galegas.Creación a través do debuxo do seus retratos. Tralo decreto do estado de alarma,tivemos que modificar a metodoloxía  nalgunhas  aulas. O Profesorado,grazas a aplicación informática STETCH BOK ,realiza os cromos-debuxado e coloreado. Deseño e maquetación de portada e contraportada do álbum de cromos. Deseño das probas do ESCAPE ROOM usando CRYPTEX-OBJET WIEWER-CÓDIGOS QR-GENIALLY-SCRATCH. Montar unha historia-fío conductor usando a APP  TOOTASTIC ,que relata o vídeo final. " O retorcido -Nacho Machista- quere silenciar as figuras das mulleres ha Historia da Humanidade ". En Parga,un grupo de superheroes e heroínas de 3 a 12 anos,ían facer todo o posible para salvar a estas mulleres do esquencemento da memoria.

VISITA Á MURALLA DE LUGO.PRIMEIRO PASO CARA A NOSA HISTORIA