O 16 de maio de 2024 no cole de Parga tivemos unha misión moi especial durante a que aprendemos moitos datos e curiosidades sobre Luisa Villalta , á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. No vídeo poderedes ver o ben que o pasamos e tamén que traballando como equipo conseguimos abrir a caixa da recompensa. Neste vídeo tamén queremos felicitar aos nosos compañeiros/as do IES Poeta Díaz Castro, pois a música que empregamos é un gran traballo delas e deles 🤩! Noraboa! (Acceso ao vídeo da xornada premendo sobre a imaxe).