Ir al contenido principal

DÍA DO LIBRO 2024

O pasado 23 de abril, Día do libro, foi un día cheo de emocións e sorpresas.

📕Comezamos a mañá coa reinauguración da biblioteca do cole. Nas fotos pódense ver as caras de sorpresa do noso alumnado.

📗Continuamos cun obradoiro de chapas. Cada pequen@ (e os maiores tamén ☺️) deseñou e fixo unha chapa.

📘Rematamos a xornada con apadriñamentos lectores, no que o alumnado de 4º-5º-6º prepararon lecturas e actividades para os mais pequenos.

Pasámolo en grande! 🤩

Non quero esquecer que fóra do horario lectivo reunímonos no CPI Virxe do Monte de Cospeito con outras coordinadoras e coordinador de bibliotecas escolares que integramos a Rede Terra Chá, é un pracer poder compartir inquedanzas compañeiras. 

(Acceso ao vídeo da xornada premendo sobre a imaxe).



Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICIÓN DE IAGO EIREOS FRANCO

                              EXPOSICIÓN DE IAGO EIREOS FRANCO Participamos os nenos dos cursos de 3º-4º-5º e 6º e profesores acompañantes no visionado e talleres do artista lucense Iago Eireos Franco. Aquí mostramos algúns aspectos da súa obra.

VISITA DE ANA MEILÁN

  O pasado martes 20 de febreiro visitounos Ana Meilán, autora de divertidísimos libros como 8 patas , Quen ven a verme esta noite? , O aire do lobo Rigoberto ... A mañá estivo dividida en tres sesións. En primeiro lugar acudiron ao seu contacontos as alumnas e alumnas de EI, xunto cos nenos e nenas que nos visitan os martes no programa "Educando en Familia" do Concello e Guitiriz.  Tras un breve descanso coincidindo co recreo, foi o turno de 1º, 2º e 3º EP. E remataron a xornada os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º cunha sesión de contacontos e un obradoiro de escritura creativa. Adxuntamos un vídeo para que vexades algunhas imaxes da xornada. Vídeo Ana Meilán

MISIÓN 17-M: LETRAS GALEGAS

O 16 de maio de 2024 no cole de Parga tivemos unha misión moi especial durante a que aprendemos moitos datos e curiosidades sobre Luisa Villalta , á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. No vídeo poderedes ver o ben que o pasamos e tamén que traballando como equipo conseguimos abrir a caixa da recompensa. Neste vídeo tamén queremos felicitar aos nosos compañeiros/as do IES Poeta Díaz Castro, pois a música que empregamos é un gran traballo delas e deles 🤩! Noraboa! (Acceso ao vídeo da xornada premendo sobre a imaxe).