Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

MISIÓN 17-M: LETRAS GALEGAS

O 16 de maio de 2024 no cole de Parga tivemos unha misión moi especial durante a que aprendemos moitos datos e curiosidades sobre Luisa Villalta , á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. No vídeo poderedes ver o ben que o pasamos e tamén que traballando como equipo conseguimos abrir a caixa da recompensa. Neste vídeo tamén queremos felicitar aos nosos compañeiros/as do IES Poeta Díaz Castro, pois a música que empregamos é un gran traballo delas e deles 🤩! Noraboa! (Acceso ao vídeo da xornada premendo sobre a imaxe).

VISITA DE SUSANA PEDREIRA A RADIOPARGA

O sábado 11 de maio, recibimos en RadioParga a visita de Susana Pedreira, xornalista en Onda Cero, para falar sobre radio, xornalismo, feminismo...e todo o que xurda! A proposta, impulsada pola  @anpasantoestevoparga  , estivo aberta para toda a comunidade. (Accede ao podcast premendo sobre a imaxe)

DÍA DO LIBRO 2024

O pasado 23 de abril, Día do libro, foi un día cheo de emocións e sorpresas. 📕Comezamos a mañá coa reinauguración da biblioteca do cole. Nas fotos pódense ver as caras de sorpresa do noso alumnado. 📗Continuamos cun obradoiro de chapas. Cada pequen@ (e os maiores tamén ☺️) deseñou e fixo unha chapa. 📘Rematamos a xornada con apadriñamentos lectores, no que o alumnado de 4º-5º-6º prepararon lecturas e actividades para os mais pequenos. Pasámolo en grande! 🤩 Non quero esquecer que fóra do horario lectivo reunímonos no CPI Virxe do Monte de Cospeito con outras coordinadoras e coordinador de bibliotecas escolares que integramos a Rede Terra Chá, é un pracer poder compartir inquedanzas compañeiras.  (Acceso ao vídeo da xornada premendo sobre a imaxe).