Ir al contenido principal

Actividades realizadas no primeiro trimestre do curso 2023/2024

 Durante o primeiro trimestre do curso, realizáronse as seguintes actividades (algunhas de xestión e outras destinadas ao alumnado):

  • Expurgo, reorganización e centralización da nosa biblioteca escolar.

  • Cambio no programa de xestión da biblioteca escolar.

  • Creación de novos espazos de lectura.



  • Samaín: coincidindo co Samaín/Halloween dende a biblioteca escolar propuxemos diversas lecturas relacionadas, e posteriormente un obradoiro coas familias de elaboración de cabazas tradicionais.


  • 25 N: dende a biblio propuxemos unha serie de lecturas relacionadas co  25-N (violencia de xénero, dereitos das mulleres…). Dende as aulas traballaron que é a violencia de xénero e cada alumna/o plasmouno nun folio, posteriormente “rompemos” esas ideas e transformámolas en novas a trravés dun obradoiro de reciclaxe de papel.

  • Amadriñamentos e apadriñamentos lectores por parte das familias: as familias do alumnado de EI acudiron ao centro para contarlles algún conto aos nosos alumnos/as.

  • Edición e publicación dunhas recomendacións lectoras de Nadal.




Comentarios

Entradas populares de este blog

AS PEGADAS DE ROSALÍA DE CASTRO

 No día de Rosalía,coñecemos mellor a poetisa ó traveso da súa obra e vida.

VISITA DOS AVÓS DO CENTRO DE DÍA DE GUITIRIZ

 A actividade interxeracional,deu moito de sí. Cántico de cancións,recitado de poemas,escritura de contos,bailes ...y o máis importante unha sesión de amor e cariño compartido.

EXPOSICIÓN DE IAGO EIREOS FRANCO

                              EXPOSICIÓN DE IAGO EIREOS FRANCO Participamos os nenos dos cursos de 3º-4º-5º e 6º e profesores acompañantes no visionado e talleres do artista lucense Iago Eireos Franco. Aquí mostramos algúns aspectos da súa obra.